O vindeiro venres día 18 de novembro na sede do Real Colexio de Nª Sª da Antiga e ás 17:00 horas darán comezo os actos da Celebración do día do Patrimonio, que este ano o Consello da Cultura Galega celebrará no noso centro co seguinte programa:
Venres, 18 de novembro
17:00 Presentación do acto
17:30 horas Mesa redonda: O Colexio da nosa Señora da Antiga. Exemplo de educación patrimonial. Modera: Mª Xosé Porteiro, Vicevaledora do Pobo
17:30 horas. Estudo documental para a declaración como BIC o Colexio da nosa Señora da Antiga. A cargo de Luísa Serrano, arquitecta, Mª Dolores Lago, historiadora e restauradora.
18:15 horas Participación social no proceso de declaración como BIC. Estudo do valor social do edificio do Cardeal e o proxecto de educación patrimonial do colexio. A cargo de Mª del Mar Bóveda, educadora e investigadora dá USC (GI-RODA). Especialista en educación patrimonial e na posta en valor do patrimonio cultural
18:45 horas. A execución do proxecto de educación patrimonial no centro. A cargo de Pablo Blanco, director do Colexio Pais Escolapios (Monforte), e alumnado do centro 19:15 horas. Debate Sábado,
19 de novembro
10:00 horas A historia do edificio de Nosa Señora dá Antiga. A cargo do P. Francisco Javier Agudo, Xerente da Fundación Colexio da nosa Señora da Antiga e titular do Real Colexio PP. Escolapios.
10:45 Os proxectos de rehabilitación recentes; A cargo de Manuel Freire, arquitecto, director das obras de rehabilitación do edificio
11:30 horas Visita institucional ao edificio e pinacoteca, guiada por alumnado dá ESO do colexio
12:30 horas Visita institucional ás obras de rehabilitación dirixida polo arquitecto director das obras, o xerente da Fundación Colexio da nosa Señora da Antiga i o director do Real Colexio PP. Escolapios.