Da Capela de Nª Sª das Dores:
A predela do retablo da Virxe das Dores estaba pintada cunha grosa capa de pintura marrón aplicada no seu momento para integrar o conxunto coa bancada de madeira que apoia sobre o altar. Ao comezar os traballos de restauración púidose comprobar que ese repinte achábase sobre a policromía orixinal que mostra o resto da hornacina. Tomouse por tanto a decisión de retirar o repinte para recuperar o marmoleado ocre que orixinalmente tiña a predela. Empregando unha combinación de xeles de disolventes e nalgún caso retirando a pintura marrón a punta de bisturí, conseguiuse o resultado desexado. O que podemos comprobar nas seguintes imaxes: