Existe xunto á porta da sancristía da nosa igrexa unha placa de mármore datada no ano 1923, que fala da nova consagración da altar. A mesma placa dá a entender que esta re-consagración debeuse a dúas razóns: 1ª A deterioración debido ao paso do tempo e 2º a restitución á forma litúrxica.
Disto podemos deducir dúas realidades:
1ª A deterioración da altar; quizais deterioración que comezou co terremoto de Lisboa 1755. Pero a esa causa, nada desprezable, habemos de sumar os trescentos anos que para entón 1923 acumulaba xa o altar. Deterioración que obrigou á colocación dunha nova pedra –laxa- en substitución da antiga.
2º Á falar a placa da “restitución á forma litúrxica”, está a indicarnos que polo que fóra, o anterior altar non respondía xa as esixencias das reformas litúrxicas que tras o concilio de Trento viñeran dándose na Igrexa. As máis próximas á data da consagración as reformas do Papa Pío X. Entendemos pois, que o altar quedara obsoleto.
J.A.G.




















