Exalumnos ilustres: Francisco Javier Elola e Díaz Varela

Francisco Javier Elola e Díaz Varela

Naceu en Monforte de Lemos, o 22 de setembro de 1877, morrendo en Barcelona, 12 de maio de 1939) foi un maxistrado, fiscal, xurista e político español.
Estudou no Colexio de Nª Sª da Antiga, PP. Escolapios de Monforte de Lemos. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1903, e en 1905 aprobou as oposicións de fiscal e de xuíz. Tras a proclamación da ditadura de Primo de Rivera en 1923 foi nomeado vocal da Xunta Organizadora do Poder Xudicial, onde se gañou un gran prestixio como especialista en materia penal e procesual. En 1924 foi nomeado xuíz do distrito de Chamberí e en 1929 representou a España nos Congresos Penais Internacionais de París, Bruxelas e Budapest.

A pesar do seu pasado vinculado á ditadura primoriverista, o 31 de maio de 1931 foi nomeado Fiscal da República, aínda que renunciou o 31 de xullo para ser nomeado maxistrado do Tribunal Supremo de España. Nas eleccións xerais de 1931 foi elixido deputado polo Partido Republicano Radical pola provincia de Lugo. Nas Cortes Españolas participou en todas as discusións sobre a organización do poder xudicial en España, o que lle enfrontaría ao seu partido, que acabaría abandonando. Non se presentou ás eleccións de 1933 e continuou como Maxistrado do Tribunal Supremo.

Xa iniciada a Guerra Civil, o 26 de agosto de 1936 foi nomeado presidente da Sala Terceira do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo de España, e o 16 de setembro foi nomeado Xuíz Especial instrutor da causa pola insurrección en todas os cuarteis e cantóns militares de Madrid. Na instrución gardou as formalidades legais, cousa que non gustou aos extremistas, que esixían un castigo exemplar dos golpistas, ata o punto que foi apartado da instrución por admitir do xeneral Joaquín Fanjul Goñi as probas que propuxera. O 27 de agosto de 1937 foi nomeado Presidente da Xunta de Inspección de Tribunais de Madrid. En outubro de 1937 trasladouse a Cataluña, onde en xuño de 1938 defendeu aos funcionarios dos Xulgados de Barcelona acusados de quintacolumnismo.

Cando as tropas republicanas abandonaron Cataluña en xaneiro de 1939, decidiu quedar e ofreceuse a colaborar co novo réxime, pero foi detido e o 26 de febreiro foi procesado pola morte do xeneral Fanjul e as mortes en cárcere Modelo de Madrid o 23 de agosto de 1936. Foi condenado á morte e executado en Barcelona o 12 de maio de 1939 xunto ao xeneral Fernando Berenguer das Cagigas

Tú carrito