Canto durou a construción do Colexio do Cardeal?

Fachada do Colexio de Nª Sª da Antiga. PP. Escolapios

Na tese doutoral titulada “Proceso metodolóxico e compositivo do renacemento en Galicia. 1499-1657”, cuxo autor é D. Víctor Grande Neto, danse sinxelos datos que nos clarifican o tempo que durou a construción do Colexio de Nª Sª da Antiga. O texto concreto é o seguinte:

“Recibidos os planos do Colexio, feitos polo xesuíta Andrés Ruiz, fixo o Cardeal que os vise o mestre Vermundo Resta, cuxo nome aparece ligado ao de Ruiz como coautores do Colexio rubricando coa súa firma o Contrato de 1592, pero o propio Vermundo estaba en Sevilla en 1592, sendo a súa achega como mestre maior de obras da mitra sevillana5 o que lle fixo ser asesor de Don Rodrigo nesta fábrica, realizando pois certas modificacións, pero sen ser o seu un papel predominante en canto á concepción xeral do Colexio.
Coa chegada de Juan de Tolosa e posteriormente de Simón de Mosteiro modificaranse as trazas iniciais do conxunto.
A parte principal da construción desenvolveuse entre os anos 1593 e 1619: acabouse a igrexa, a fachada principal e parte dos corpos que se articulan ao redor de dous patios colocados a ambos os dous lados da igrexa. Logo cesaron as obras e practicamente non se construíu nada novo ata 1919, data na que se terminaron dous lenzos claustrais e realizáronse novas dependencias na parte posterior.”