Escaleira Monumental

Notable pola súa anchura (3 metros), banzos dunha soa peza, dun granito tan compacto que non se nota o desgaste polo uso durante séculos. Tres tramos (13,9,13=35 banzos). Hábilmente construída, carece dun apoio para o tramo central, sosténdose apoiada nos fortes muros e un xogo de forzas. Hai uns anos houbo que reforzala cuns tirantes metálicos. Ao parecer foi construída por Pedro Marlote e Juan da Sierra, entre 1594 e 1603. (A construción do monumento comezou o 1 de abril de 1593) (O fundador morreu en 1600, sen ver rematada a obra). No piso, baixo as arcadas, poden observarse os trazos, chamados monteas, a modo de planos, de cando se construían as bóvedas do claustro..

Diferentes vistas da escaleira monumental
Tú carrito