IDENTIFICADO UN CRISTO DE MOURE?

No arquivo da MM. Clarisas de Monforte atópase un documento que nos fala da entrega que fai don Benito Rodríguez, clérigo presbítero e veciño da devandita vila, en 1683, ao Colexio de Nª Sª da Antiga, dun Santo Cristo de madeira, obra de Moure.

Ademais afírmase que será de alto unha vara castelá (uns 83 cm).

Cremos que este Santo Cristo é o que actualmente se atopa na sancristía. Barroco, de boa calidade tanto que o mesmo doante cualifícao de “tan preciosa obra”. Anexamos aquí foto do Santo Cristo e transcrición do documento ou acta de entrega da devandita imaxe.


CONSULTAR A TRANSCRICIÓN DO DOCUMENTO DE ENTREGA

Tú carrito