Alumnos ilustres do Colexio dos Escolapios: PEDRO BOO PITA.

Naceu en 1862 e morreu en Monforte de Lemos o 19 de agosto de 1955. Estudou no Colexio dos Escolapios ou do Cardeal. Foi fiscal municipal de Monforte (1908), presidente da Federación Católico Agraria de Monforte (1921-1922). Durante a ditadura de Primo de Rivera, foi nomeado alcalde de Monforte de Lemos o 13 de xaneiro de 1924. Substitúe a Manuel Dapena Rodríguez. Estivo como Alcalde ata o 13 de Marzo dese mesmo ano, 1924 en que deixou a alcaldía.
Foi deputado provincial. Membro do Seminario de Estudos Galegos. Foi catedrático de Dereito da Universidade de Valladolid. Colaborou en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos (1927) e no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo.