As Monteas

Que son as MONTEAS?. Lábraa das pezas de granito para os arcos baseábase no emprego de patróns a escala natural a partir dos cales se dá forma ao bloque de pedra. Para a confección dos patróns é necesario chegar a debuxar a escala natural as pezas. Aos debuxos resultantes coñéceselles como trazados de montea. O desenvolvemento dos traballos de construción obrigaba a que estes se atopen en lugar facilmente accesible, próximo ao tallo, e a que sexan indelebles. Por iso, os trazados execútanse, gravados a cincel, sobre os propios muros da obra ou sobre pavimentos de partes xa executadas, sendo eliminados unha vez acabada a construción.

Consecuentemente, o seu achado non é algo que se produza frecuentemente, aínda que, afortunadamente, algúns chegaron ata os nosos días e o seu estudo permitiu profundar nos sistemas construtivos da antigüidade. Entre os que se conservaron ata os nosos días podemos citar dous MONTEAS no Colexio de Nª Sª da Antiga. Unha baixo a escaleira monumental, outra nunha das paredes do Claustro Maior.

No Colexio de Nª Sª da Antiga poden atoparse dúas monteas una baixo a escaleira monumental e outra nun dos muros do claustro monumental ou claustro maior. Na sección “Documentación” desta WEB poden atoparse estudos detallados das mesmas.

Montea baxo a escaleira monumental
Bebuxo da montea baxo a escaleira monumental
Montea do claustro maior

Estamos a traballar nas traducións de galego para esta páxina