Fachada

Algúns designan a este monumento como “O Escorial Galego”. O seu estilo é renacentista. Ten 110 m. de lonxitude. Destaca a súa grandiosidade e o equilibrio na disposición dos seus elementos. Construída con granito do país, que se vai dourando co tempo. A altura máxima da fachada en de 23 m, pasando dos 30 a altura do edificio. Móstranos unha simetría total. No medio, un airoso pórtico, o da igrexa, que consta de dous partes.

A inferior: estilo dórico, laterais almohadillados nos que abren óculos e xanelas. No medio, sobre a gran porta, inscrición en latín: “O Cardeal D.Rodrigo de Castro, Arcebispo de Sevilla, doa á Compañía de Jesús, para uso da mocidade, templo e colexio, consagrados á Virxe María”. A superior: estilo jónico. *Óculo a cada lado. Gran ventá central. Debaixo da xanela o escudo do Cardeal fundador, e no alto dividindo o frontón, o escudo de España. Ante a fachada unha gran antojana, que permite ao modo renacentista observar o conxunto do edificio,