ESTAUA ORANTE DO CARDEAL RODRIGO DE CASTRO

Jean  Boulogne ( Douai, 1529 –  Florencia 1608), coñecido en Italia como Giovanni dá  Bologna ou máis  abreviadamente  Giambologna e en España como Juan de Bolonia, foi un escultor flamenco que traballou na Italia de finais do Renacemento.

Foi autor de varias das esculturas máis famosas, en mármore e bronce, sobre temática  mitológica. Ocupa así mesmo unha posto clave na historia da escultura europea, como ponte entre o Renacemento de Miguel Ángel e o Barroco de  Bernini.

No Colexio de  Nª  Sª da Antiga temos unha das súas máis magníficas obras. Trátase da estatua  orante do Cardeal Rodrigo de Castro, bronce funerario. En España soamente hai dúas obras de Juan de Bolonia, unha a nosa, a outra a estatua ecuestre de Felipe III, ben coñecida e situada na Praza Maior de Madrid

Estatua  orante do Cardeal Rodrigo de Castro. Monforte de Lemos. Bronce
Felipe III, Juan de Bolonia. Praza Maior de Madrid