CURIOSIDADES DA FCNSdlA en 1593

Na escritura de constitución da Fundación Colexio Nª Sª da Antiga, o Cardeal Rodrigo de Castro impuxo aos Xesuítas unha curiosa obrigación, ademais de ensinar aos nenos de Monforte. Trátase dun recoñecemento que debía facer o Colexio ao Patrón da Fundación entregádole cada ano unha vela, Lémolo así na escritura de constitución da Fundación: …

Vela con las armas del Cardenal

… “Y nombró por Patrones del dicho colegio y para que lo sean
perpetuamente para siempre jamás a los Señores dela casa de Lemos comenzando por el Ilmo. Señor Don Fernando Ruiz de Castro que al presente lo es é prosiguiendo
a los que adelante le sucedieren perpetuamente, obligó al dicho colegio, rector é religiosos de él a que en señal y reconocimiento del dicho Patronazgo den al tal Patrón que como dicho es ha de ser el Sr. que es o fuere dela dicha casa de
Lemos, una bela de cera blanca que pese tres libras con mis armas en ella en cada un año el día que se celebrare la fiesta dela Adbocación de nuestra Señora dela visitación que cae a 2 de Julio”

 

Proximamente nunha das hornacinas da Pinacoteca, xunto á cruz de altar do Cardeal poñeremos 2 velas en recordo e recoñecemento ao noso primeiro Patrón e Fundador.

VISITA DO CONSELLEIRO DE CULTURA E TURISMO Á FCNSdlA

O Conselleiro de Cultura e Turismo D. Román Rodríguez González visitou o pasado luns día 6 de xullo a  Pinacoteca da nosa Fundación, podendo comprobar o magnífico resultado da nova iluminación que foi subvencionada en gran parte pola súa Consellería, en concreto pola correspondente oficina de Turismo, que xunto ao INEGA e a propia  FCNSdlA (Fundación Colexio  Nª  Sª da Antiga) contribuíron na execución desta notable mellora.

OS MEDIOS FANSE ECO DA NOVA ILUMNACIÓN DA PINACOTECA

FRANCISCO ALBO
01/07/2020 – (La Voz de Galicia)

A pinacoteca do Colexio da Compañía de Monforte de Lemos xa conta cun novo sistema de iluminación que foi deseñado co obxectivo de facilitar aos visitantes a contemplación das valiosas obras de arte que garda e tamén de garantir a súa conservación. Os focos que estaban situados na parte superior da sala foron retirados no seu maior parte e substituídos por outras fontes de luz que apuntan directamente aos cadros. «A instalación fíxose de tal maneira que agora a luz parece saír das propias pinturas, que gañaron vistosidade e pódense apreciar moito mellor que antes», sinalou o profesor e sacerdote Javier Augado, presidente do padroado do colexio.

A nova iluminación aplicouse a todos os cadros, entre os que destacan dous lenzos orixinais do Greco —un San Francisco e un San Lorenzo— e cinco óleos sobre táboa de nogueira que son antigas copias doutras tantas obras do pintor renacentista italiano Andrea do Sarto, coas figuras de san Pedro, san Juan Bautista, santa Catalina e santa Margarita e santa Inés. Tamén se renovou a iluminación das vitrinas da sala, que conteñen imaxes relixiosas, pezas bibliográficas, obxectos de uso litúrxico e outros elementos. As teas claras que servían de fondo a estas vitrinas foron substituídas por outras de cor escura para que se poidan contemplar mellor as pezas que conteñen. As fontes de luz que utiliza agora a pinacoteca son de tecnoloxía led sen radiación ultravioleta nin infravermella, cunha disipación térmica mínima, seguindo as normas recomendadas actualmente para a iluminación das pezas artísticas desta clase.

Na nova instalación investíronse preto de 35.200 euros, dos que un 20% foron achegados pola fundación do colexio. O resto do financiamento conseguiuse grazas a un acordo coa Axencia de Turismo de Galicia e o Instituto Enerxético de Galicia.