DATA DA MORTE DE D. FRANCISCO DE MOURE

Lemos no artigo de Francisco Pérez Rodríguez titulado “ALGÚNS ASPECTOS RELEVANTES SOBRE O ESCULTOR FRANCISCO DE MOURE”: A data da súa morte require ser revisada. Ata o de agora aceptábase o 15 de setembro de 1636 como data do seu falecemento porque así constaba na partida de defunción localizada nun libro parroquial de San Vicente do Piñeiro e que, textualmente, expresa:

Foto: Rostro do Caballero Orante de Francisco de Moure

«Moure escultor. En quince de Septiembre de 1636 murió Moure el escultor -enterróse C S. Francisco- mando decir en esta yglesia treinta misas. Y por verdad-ut. a.- Fr. Antonio de Torgda. cura de San Vicente».

Con todo, esta data é errónea e debe adiantarse uns meses, pois a afirmación do Corrixidor e Alcalde da vila de Monforte de Lemos non expón discusión algunha de que tal acontecemento prodúcese o 20 de xuño, día no que se lle notifica dita defunción coa intención de obter a autorización do inventario dos abundantes bens mobles e raíces deixados polo finado…

Por tanto habemos de dar por válida a data do 20 de xuño de 1636 como a máis certa para situar a morte de D. Francisco de Moure en Monforte de Lemos.