DOCUMENTACIÓN PARA A DECLARACION BIC

Acabamos de colgar na nosa WEB o amplo estudo realizado para a obtención da Declaración BIC do noso edificio. Chamamos a atención sobre o magnífico traballo realizado por tres persoas que durante moito tempo estudaron e traballaron na preparación da documentación que agora ofrecemos. Esta documentación divídese en dous TOMOS dos que xeramos aquí dúas ligazóns para unha maior rapidez no acceso e a consulta. No menú desta páxina, en Arquitectura / Documentación tamén se poden atopar.

DATA DA MORTE DE D. FRANCISCO DE MOURE

Lemos no artigo de Francisco Pérez Rodríguez titulado “ALGÚNS ASPECTOS RELEVANTES SOBRE O ESCULTOR FRANCISCO DE MOURE”: A data da súa morte require ser revisada. Ata o de agora aceptábase o 15 de setembro de 1636 como data do seu falecemento porque así constaba na partida de defunción localizada nun libro parroquial de San Vicente do Piñeiro e que, textualmente, expresa:

Foto: Rostro do Caballero Orante de Francisco de Moure

«Moure escultor. En quince de Septiembre de 1636 murió Moure el escultor -enterróse C S. Francisco- mando decir en esta yglesia treinta misas. Y por verdad-ut. a.- Fr. Antonio de Torgda. cura de San Vicente».

Con todo, esta data é errónea e debe adiantarse uns meses, pois a afirmación do Corrixidor e Alcalde da vila de Monforte de Lemos non expón discusión algunha de que tal acontecemento prodúcese o 20 de xuño, día no que se lle notifica dita defunción coa intención de obter a autorización do inventario dos abundantes bens mobles e raíces deixados polo finado…

Por tanto habemos de dar por válida a data do 20 de xuño de 1636 como a máis certa para situar a morte de D. Francisco de Moure en Monforte de Lemos.

REPARADA A DESFEITA DO TELLADO

Esta semana, colocáronse de novo as tellas alá onde a pedra caída da torre esnaquizara a cuberta. Reparación rápida e eficaz, dado que como nosa pluviosidad é moita nestes meses conviña canto antes deixar as cousas como deben estar. En breve informaremos dos pasos para renovar o remate da torre.

LOCALIZADA A CRUZ DE LA TORRE

En efecto, grazas a un antigo alumno do noso Colexio, Manuel Garrido, e ao seu magnífico dron, o pasado domingo día 2 de febreiro, pola tarde puidemos localizar a localización da gran cruz de ferro que caeu o día 19 de decembro debido ao vento tempestuoso que sufriu Monforte. A cruz está nun lugar da mesma torre de moi difícil acceso. Ademais puidemos apreciar as desfeitas orixinadas nos tellados polo desprendemento dos fragmentos da pedra. Procuraremos que se poida reparar o remate da torre canto antes. Cunhas sinxelas imaxes damos cumprida conta do estado da cruz.