A TÁBOA DE SAN JUAN INSTALADA NA PINACOTECA

A táboa de San Juan Bautista, recentemente restaurada foi instalada na Pinacoteca. Esta táboa do S. XVI, está pintada en óleo, e é dunha moi boa calidade. Engadimos aquí unha foto xa publicada da restauración ademais doutras no momento de ser colgada na Pinacoteca, onde esperamos que pronto poida verse en todo o seu esplendor cunha nova e máis moderna iluminación.