NOVA MONTEA DUNHA BÓVEDA NO COLEXIO DO CARDEAL DE MONFORTE DE LEMOS

Rosa Ana Guerra Pestonit, no seu traballo, co mesmo título que esta entrada, refírenos o seguinte:

Figura1 Detalle da planta das bóvedas do recuncho contiguo á portería na que se indica a parede na que se atopa a nova  montea (debuxo da autora 2011)

“Durante uns traballos de levantamento das bóvedas do claustro, unha circunstancia fortuíta fixo que descubrise nun dos seus muros (figura 1) os trazos do que resultou ser unha segunda  montea das súas bóvedas. Sorprendentemente, pasara desapercibida ata o de agora, a pesar de estar situada nun lugar moi transitado e de non aparece apuntada en ningunha das fontes consultadas. Trátase dun debuxo executado con  pigmento vermello, posiblemente  almagre, sobre a parede de  sillería correspondente á primeira bóveda contigua á entrada desde a portería.5 O debuxo (figura 2) representa o desenvolvemento dun oitavo da bóveda de aresta do recuncho, xunto co alzado da metade do arco  formero que a xera. A bóveda descrita é regular, de planta cadrada, está executada en cantería e decórase cunha moldura sinxela. Móstrase a repartición das  dovelas no arco, a súa correspondencia coas fiadas da bóveda e as  escuadrías dos volumes contedores destas fiadas.  Dovelas e fiadas aparecen numeradas en tres lugares. Sobre o desenvolvemento reformúlase o despezamento e as molduras. Como curiosidade, na  montea aparece unha dobre liña de molduras que na execución simplificouse eliminando a moldura interior (figura 3).”

Figura 2  Montea inédita descuberta sobre a parede do claustro. Proxección do levantamento e os puntos de medición sobre a fotografía rectificada (debuxo e foto da autora 2009)
Figura 3 Fotografía da bóveda do recuncho que se desenvolve na  montea da parede (foto da autora 2011)

Este artigo Titulado NOVA MONTEA DUNHA BÓVEDA NO COLEXIO DO CARDEAL DE MONFORTE DE LEMOS, quedou obsoleto ao aparecer unha terceira montea nas paredes do claustro, achado do que proximamente daremos cumprida información.