NOVA MONTEA DUNHA BÓVEDA NO COLEXIO DO CARDEAL DE MONFORTE DE LEMOS

Rosa Ana Guerra Pestonit, no seu traballo, co mesmo título que esta entrada, refírenos o seguinte:

Figura1 Detalle da planta das bóvedas do recuncho contiguo á portería na que se indica a parede na que se atopa a nova  montea (debuxo da autora 2011)

“Durante uns traballos de levantamento das bóvedas do claustro, unha circunstancia fortuíta fixo que descubrise nun dos seus muros (figura 1) os trazos do que resultou ser unha segunda  montea das súas bóvedas. Sorprendentemente, pasara desapercibida ata o de agora, a pesar de estar situada nun lugar moi transitado e de non aparece apuntada en ningunha das fontes consultadas. Trátase dun debuxo executado con  pigmento vermello, posiblemente  almagre, sobre a parede de  sillería correspondente á primeira bóveda contigua á entrada desde a portería.5 O debuxo (figura 2) representa o desenvolvemento dun oitavo da bóveda de aresta do recuncho, xunto co alzado da metade do arco  formero que a xera. A bóveda descrita é regular, de planta cadrada, está executada en cantería e decórase cunha moldura sinxela. Móstrase a repartición das  dovelas no arco, a súa correspondencia coas fiadas da bóveda e as  escuadrías dos volumes contedores destas fiadas.  Dovelas e fiadas aparecen numeradas en tres lugares. Sobre o desenvolvemento reformúlase o despezamento e as molduras. Como curiosidade, na  montea aparece unha dobre liña de molduras que na execución simplificouse eliminando a moldura interior (figura 3).”

Figura 2  Montea inédita descuberta sobre a parede do claustro. Proxección do levantamento e os puntos de medición sobre a fotografía rectificada (debuxo e foto da autora 2009)
Figura 3 Fotografía da bóveda do recuncho que se desenvolve na  montea da parede (foto da autora 2011)

Este artigo Titulado NOVA MONTEA DUNHA BÓVEDA NO COLEXIO DO CARDEAL DE MONFORTE DE LEMOS, quedou obsoleto ao aparecer unha terceira montea nas paredes do claustro, achado do que proximamente daremos cumprida información.

DIFICULTADES E INCONVENIETES NA CONSTRUCIÓN DO COLEXIO DO CARDEAL: A MADEIRA

No seu estudo titulado “Os efectos de sismo de Lisboa de 1755 sobre o patrimonio monumental de Galicia” a súa autora Dª Begoña Ces Fernández dous dá a seguinte noticia a conto das dificultades que se atopaban para a construción do Colexio do Cardeal:

“Pero as obras deberon proseguir ao longo do século  XVII, posto que o mestre Simón de Mosteiro  traballaba en 1620 no “cuarto da dianteira que agora se está facendo” pero  abandona os traballos en novembro de 1622 por carecer o colexio de fondos para concluílos  ( Bonet Correa, 1984: 181-182) e entre os documentos conservados no Arquivo do Colexio, menciónanse unhas provisións da Real Audiencia, datadas o 14 de abril de 1625, 5 de xaneiro dos efectos de sismo de Lisboa de 1755 sobre o patrimonio monumental de Galicia 1653 e 22 de agosto do mesmo ano para que se vendesen ao Colexio as madeiras que necesitase  e non se impedise pasar os carros de pedra polos sitios afeitos.

Os relixiosos acudiran    en varias    ocasións  a     a Real  Audiencia  para  solicitar  a súa  intervención.  En 1625    a  dificultade consistía en que algúns labradores impedían o paso dos carros de pedra para a  obra da igrexa polos saídos das súas casas e campos, o que supón que aínda se estaban  realizando obras no templo tras a súa consagración. No 1653 o problema xurdira porque  o Colexio necesitaba moita madeira para proceder ás ampliacións que estaban a facer  “para aumento dos xenerais que hai no devandito colexio para os estudos públicos que alí hai e para a necesidade dos suxeitos que asisten no devandito Colexio” e os veciños xa non lla querían vender. A obra á que se refiren é un cuarto do claustro destinado a dormitorio e situado cara ao Norte, do que xa estaban feitas as paredes pero que carecía de vigas e madeiras pola  dificultade para atopar quen llas vendese.”