Parece que o Cardeal quería deixar constancia da súa Grandeza persoal.

Hai suficiente documentación onde o Sr Cardeal Rodrigo de Castro “fai constar todas as características arquitectónicas conforme ás cales debía construírse o edificio especificándose que as dimensións debían axustarse ás “medidas segundo Vignola insignia no seu libro das cinco ordes de arquitectura” e, ademais,

… han de ser de orde corintia”
  • “todos os membros (elementos arquitectónicos) e ornatos dentro e fóra deste templo (…) han de ser de orde corintia” especificándose, con minuciosidade, todos os detalles a que debían de axustarse os diferentes elementos arquitectónicos da construción da igrexa (pilastras, entablamento, arcos, bóvedas, pechinas, xanelas do cruceiro, cúpula, naves laterais, coro, portas,…) así como
  • a calidade dos materiais para empregar (pedra berroqueña, é dicir granito, ben labrada en todo o que non sexa propiamente paredes), dos elementos decorativas (balaustres, pirámides e bólas,…) e “propagandísticas” (escudos) e, mesmo, estipulábase que o oficial que iniciase a obra debía rematala sen poder trasladala a outro oficial, con todo serán varios os mestres de obras que intervirán na construción (irmáns Fatón, Simón de Mosteiro,…).
O Cardeal Rodrigo de Castro

Datos dos que se podería deducir que, talvez, o Cardeal desexase facer unha réplica, aínda que a menor escala, do Escorial de aí o emprego do novo estilo Escurialense ou Herreriano que Felipe II, tras o Concilio de Trento, impuxera en España, e que se pode definir como un manierismo español fiel aos principios máis puros do clasicismo e que parecen coñecer tanto o propio Cardeal, entre os seus libros había algún de arte, e o mestre de obras, Simón de Mosteiro, xa que un documento conservado no convento monfortino das Clarisas recolle que entre as súas pertenzas había “outras estampas dos templos de Roma (…) gornecidas en coiro”.

Parece evidente, pois, que o Cardeal quería deixar constancia para a posterioridade da súa Grandeza persoal pero, así mesmo, da Grandeza do territorio ou solar co que se identificaba e que era o solar dos seus antepasados por iso é polo que a obra do Colexio, o mesmo que El Escorial, non tivese parangón na súa época.