Dúas pezas da FUNDACION FCNSdlA na exposición GALICIA Un relato non mundo

Onte día 14 de Novembro foi inaugurada a exposición titulada “Galicia un relato non mundo” na que dúas pezas da nosa Fundación están expostas. A inauguración correu a cargo do Comisario da Exposición D. Manuel Gago e rematou as intervencións D. Alberto Núñez Feijoo.

As dúas pezas programadas son Sta Catalina unha das cinco obras de Andrea do Sarto que se expoñen na nosa pinacoteca e o Xuízo Final de Giovani Bernardino Azzolino.

Testemuña e presente na inauguración da mostra achégovos algunhas fotos da instalación das nosas obras.

Tú carrito