A TENDA DA FUNDACIÓN

Incluímos no menú da nosa WEB un acceso á nosa tenda virtual. Por agora non hai nada máis á venda que o libro do P. Esteban, 2ª Edición. En breve poñeremos á venda algún recordo do Colexio. Desde ese menú terás acceso á tenda e ao carriño.

Por tanto se queres un exemplar do libro do P. Esteban titulado “COLEXIO DE Nª Sª DE LA ANTIGUA” podes COMPRALO a través da nosa tenda e en breve enviarémoscho a casa.

Esta opción será boa para os exalumnos e outras persoas interesadas no noso Colexio, a súa historia, o seu edificio… e que non viven en Monforte.