DOUS GRANDES ARQUITECTOS RENACENTISTAS EN MONFORTE

En 1594 o Cardeal Rodrigo de Castro decidiu ampliar as trazas orixinais do colexio con dúas ampliacións a ambos os dous lados da fachada xunto ás torres das esquinas. Para iso faranse presentes en Monforte dous grandes arquitectos renacentistas dun español, o xesuíta Andrés Ruiz e outro italiano  Veremondo Resta, coincidindo na cidade de Lemos co Cardeal.

Colexio do Cardeal coas ampliacións esixidas polo Cardeal en 1593

Este ano, o Cardeal decide emprender unha viaxe a Galicia para cumprir co Xubileu e, ao mesmo tempo, solucionar distintos asuntos concernentes á fundación e aos traballos que se van realizando na súa magna obra. O 22 de maio parte da cidade hispalense con dirección a Madrid, entre os seus acompañantes vén o arquitecto  Vermundo Resta. Unha vez nesta cidade ten lugar a firma da escritura da fundación, datada o 11 de xuño. Pode resultar estraño, pero a posta en práctica das obras precede á confirmación da fundación. A principios de xullo do 1594 renova a súa viaxe a Galicia. Con anterioridade, o arquitecto milanés ha tido que partir cara a Monforte porque o 11 de xuño asiste á obra por orde do Cardeal.

Así se vería o Colexio do Cardeal sen as ampliacións esixidas polo Cardeal en 1594

Este mesmo ano volve haber constancia da presenza do xesuíta Andrés Ruiz en Monforte desempeñando novamente o cargo de mestre maior e «visten da obra. Este mestre en compañía de Vermundo Resta e, posiblemente, a pedimento de D. Rodrigo, aínda en Madrid, engaden á traza orixinal dous «partes de quartos», que han de ir arrimados ás torres da fachada principal, por orde do Cardeal. O contrato desta obra realízase o11 de xuño cos mestres de cantería Pedro de  Marlote e Juan da Serra. fff