Traslado do Santisimo sacramento á Igrexa nova o 5 de agosto de 1619.

Segundo quedou reflectido no breve relato, ao día seguinte da Consagración da Igrexa procedeuse a trasladar o S. Sacramento da Igrexa vella á nova. Así nos relatan o feito:

Claustro por onde discorreu a procesión e montáronse os altares.

Luns [5 de agosto]: trasladouse o Santísimo Sacramento da igrexa vella á nova. Comezou a procesión a boa hora. Leva o señor bispo debaixo dun palio riquísimo o Santísimo Sacramento; catro sacerdotes revestidos, ao noso Santo Pai; e outros catro, ao neno Jesús nunhas andas ricamente aderezadas, dándolle volta a todo o claustro que, por unha e outra parte, estaba adornado con colgaduras moi vistosas e de gran valor, con catro altares ás esquinas, cada un co seu dosel de rica tea.

Sería longo pintar a grandeza destes altares, segundo se esmeraron os mestres na súa composición. Só digo que un tiña, entre outras grandes riquezas, un frontal que os que viron os mellores de España antepóñenlle a todos eles: ao fin é dádiva dun potentado de Italia a un conde de Lemos, vicerrei de Nápoles, cuxo era tamén o domo39 do claustro, salvo os cadros de todos os mártires da nosa Compañía, que, posto[ s] sobre as colgaduras, facíanlle máis vistoso e agradable para o Santísimo Sacramento en todos os altares. E os músicos cantaban tan ben e tales panxoliñas que, aínda que a xente era innumerable e a calor excesiva, non se reparaba neses, maiormente cando, sen pensar, saíron por unhas e outras portas sete danzas que estaban previdas.

Chegou o señor bispo ao altar maior a colocar o Santísimo Sacramento nun trono que estaba formado encima da custodia, cercado con bancadas adornecidas co máis lucido e precioso do oratorio da señora condesa e riquezas que deixou o señor Cardeal, porque cada un cal sería que eu non me atrevo a pintar. O frontal era de tea de prata, callado todo de ouro con gran primor, o cal nos deron As súas Excelencias cunha casulla do mesmo e un dosel, que este só fixo de costa máis de 800 ducados. Non puxeron os Condes as súas armas nel, senón cuajáronle todo de Jesuses, mostrando nisto ser todo o seu da Compañía: tal é a amizade que nos fan.

Tú carrito