Antigos alumnos ilustres: Juan de Ferreras

Juan de Ferreras

De orixes xudaicas, tivo por iso que estudar en numerosas universidades e vivir en diferentes cidades e nunca puido optar aos postos que correspondían á súa capacidade, para os que esixía un estatuto de limpeza de sangue. Cursou os seus estudos en La Bañeza e no colexio da Compañía de Jesús de Monforte de Lemos; estudou filosofía cos frades dominicos do mosteiro de Trianos de Villamol e teoloxía en Valladolid e Salamanca. En 1676 foi párroco de Talavera de la Reina, en 1681 de Albares e en 1685 de Camarma de Esteruelas; destinado á capital, en 1697 fíxose cargo da igrexa de San Pedro e en 1701 da de San Andrés. Foi confesor do cardeal Portocarrero, examinador sinodal do arcebispado de Madrid e calificador do consello da Inquisición; bispo electo de Monopoli e de Zamora, renunciou a ambas as dioceses, seguramente por mor das súas raíces xudaicas.

En 1713 foi un dos fundadores da Real Academia Española< sup>3sup> e en 1715 foi nomeado bibliotecario maior da recentemente inaugurada Biblioteca Real, en substitución do falecido Gabriel Álvarez de Toledo, emprego que desempeñou ata a súa morte; reuniu para formar o fondo da que sería futura Biblioteca Nacional gran número de incunables, raros e prohibidos, moitos deles conseguidos no estranxeiro burlando a man censora da Inquisición, da que el mesmo formaba parte.

Deixou escrita unha obra en 16 volumes, “Synopsis histórica chronologica de España” (1700-1727), na que relata a historia de España ata finais do século XVI; traduciuse ao francés completa enriquecida con notas históricas e críticas baixo o título de Histoire Générale d’ Espagne… (Paris: Gisset, G. Osmont, etc., 1742-1751, 10 vols.) por Vaquette d’ Hermilly e ao alemán (-Algemeine Historie von Spanienem-, Ache: Gebauer, 1754-1772, 13 vols.)

Blas Nasarre publicou un < em>Eloxio histórico de Don Juan de Ferrerasem, (Madrid: Imprenta da Real Academia Española, 1735).