San Francisco de Borja no seu lugar

Hoxe, tras a súa recente restauración, quedou instalado o cadro de San Francisco de Borja no seu lugar, no retablo dos Reis Meigos, na parte superior. Como lembraremos este cadro está datado en 1666 e é de autor anónimo. O seu estado de deterioración era moi grande como pode verse na nosa entrada do día 27 de marzo pasado onde publicabamos unha comparativa do antes e despois da restauración. A restauración foi levada acabo polo P. Javier Agudo, escolapio e na actualidade xerente da Fundación CNSdlA.

Que podamos gozar desta obra, que nos remite precisamente aos inicios da Fundación do Colexio do Cardeal e ao terceiro P. Xeneral da Compañía Francisco de Borja familiar por via materna do Cardeal Rodrigo de Castro.

Tú carrito