Antigos alumnos ilustres: Vicente Vázquez Queipo de Llano .

Vicente Vázquez Queipo de Llano.

Naceu na localidade Samos o 17 de febreiro de 1804, no pazo de Lusío, no seo dunha familia acomodada. Comezou os estudos na súa propia casa e continuounos nos xesuítas de Monforte de Lemos. En 1820 ingresou na Universidade de Valladolid, estudando Dereito e ao mesmo tempo, Matemáticas e Ciencias Experimentais.

Obtivo os graos de bacharel en Leis e Filosofía e posteriormente a licenciatura e o doutoramento en Leis. Obtivo por oposición unha cátedra de Física Experimental e Química en 1826. Posteriormente viaxou a completar a súa formación matemática e física a París (1829), ingresando na Escola Central de Artes e Manufacturas de París onde foi nomeado auxiliar da cátedra de Física. Volveu no verán do 1832 e instalouse en Madrid, onde tiña familia (José María Queipo de Chairo e Ruiz de Saravia, VII conde de Toreno, era o seu tío). En 1833 foi destinado a Cuba como Fiscal de Facenda, onde permaneceu ata 1846, ano en que volveu a Madrid.

Deputado en Cortes, dedícase á política os vinte anos seguintes, no campo monárquico lealista, ocupando cargos como a Dirección xeral do Ministerio do Ultramar,3 ou Subsecretario da Gobernación. Abandonou a vida política cando Isabel II saíu de España, derrocada en 1868, dedicándose entón en exclusiva ao traballo e á produción intelectual publicando diversos traballos que comezara na súa anterior etapa.

Foi membro da Real Academia da Historia, Correspondente do Instituto de Francia, Presidente da comisión do Mapa Xeolóxico de España, Comisario Rexio do Observatorio Astronómico de Madrid4 e membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Morreu en Madrid o 11 de marzo de 1893

Tú carrito