CRISTO DE MOURE RESTAURACIÓN

Informamos os lectores da nosa páxina que felizmente, hai uns días, grazas ás achegas de particulares e dunha empresa de Monforte –FENESTRA- conseguimos o financiamento completo para levar a cabo a restauración do Cristo de Moure. Precisamente este ano celebramos os 400 anos do comezo da construción do citado retablo.

De parte da FCNSdlA, moitas grazas aos doantes.

CUMPRE 400 ANOS

Este ano o 2025 tráenos un evento para celebrar, de carácter cultural, e do que todos habemos de estar recoñecidos e orgullosos. Trátase duns aniversarios. Nada menos que dos 400 anos que este ano 2025 cumprirá o nacemento do magnífico retablo de la Iglesia de Nª Sª da Antiga.  O P. Esteban no seu libro sobre o Colexio cóntanos como naceu o noso retablo e as condicións que se estableceron con Moure para a súa realización, expresábao así:

“En canto ao retablo, foi concertado, en escritura pública de o16 de novembro de 1625, entre o Reitor do Colexio, P. Juan Antonio Velázquez, e o escultor galego Francisco Moure, que fixera anteriormente a sillería do coro do Mosteiro de Meira, varios altares e imaxes para o Mosteiro de Samos e o coro da Catedral de Lugo. A idea e o esbozo de como había de realizarse deullas o mesmo P. Juan Antonio Velázquez.

No devandito contrato establécense as condicións seguintes: 1°) enchería todo o oco do fondo; 2°) traballaría dentro do Colexio; 3°) sería axudado por seis bos oficiais; 4°) traballaría todo seguido, sen poder faltar máis que tres meses, ata concluír a obra e, por cada día que falte, ademais dos tres meses, perderá dous ducados; 5°) aos oficiais pagaráselles catro reais a fin de semana. A Moure pagaránselle ao ano 270 ducados e, ao dar concluída a obra, un escultor por parte de Moure e outro por parte do Colexio taxarían o retablo e, se vale máis do que lle pagaran durante os anos empregados, abonaranllo e, se vale menos, Moure pagará ao Colexio a diferenza. O Colexio poñerá toda a madeira, trabazón e cola….”


Non esquezas que estamos a recoller colaboracións para restaurar
“Nª Sª da Antigua”
Doar

RESTAURACION DO CRISTO DE MOURE

A FCNSdlA propón a particulares e empresas participar na restauración do Cristo de Moure que actualmente se atopa na sancristía da igrexa de Nª Sª da Antiga. La Sagrada Imaxe necesita unha intervención urxente e queremos contar coa colaboración de persoas particulares así como de institucións monfortinas para que poidan colaborar connosco no devandito proxecto. O orzamento de restauración rolda os 1800 €.

Para quen queira colaborar pode facerse a través do menú desta páxina na opción “DOAR” e é esa páxina pulsando o botón “DOAR” que atoparás na parte de abaixo da páxina. Ábrese un diálogo onde poderás especificar como queres doar, a cantidade coa que colaboras e atoparás tamén o texto: “Escribe unha nota (opcional)” onde che rogamos que indiques “Restauración Cristo de Moure”.  Se doas a través de tarxeta rogámosche que NON poñas o tic no apartado gardar datos, pois che levaría a facerche membro de PayPal.

Á VENDA NA TENDA DA FCNSdlA

Libro homenaxe ao P. Esteban Martínez, escolapio que entregou a súa vida á educación e evangelización dos nenos en Monforte de Lemos. Libro que recolle recordos, impresións, biografía, artigos… de varios autores, recompilados por D. Abel Veiga con motivo do agradecemento, homenaxe e recordo que se realizou en 2016 promovido polos seus antigos discípulos.

IMPERMEABILIZACIÓN DA CÚPULA DE Nª Sª DA ANTIIGUA

Estes días apareceu en prensa a noticia da consideración en orzamentos por parte da Xunta de Galicia da intervención sobre a cúpula do Real Colexio PP. Escolapios de Monforte. Esta vez, o convenio coa Xunta asinouse polo titular do colexio P. Javier Agudo como representante dos PP. Escolapios en Monforte. Desde a FCNSdlA agradecemos á Xunta este novo investimento que de novo fai visible o seu coidado polo patrimonio artístico e cultural, recalcando a importancia deste edificio no conxunto da Ribeira Sacra que de novo opta a ser recoñecida Patrimonio da Humanidade.

A FCNSdlA ponse ao servizo deste interesante proxecto achegando o seu gran de area, arquitectónico, artístico e cultural. Agradecendo ademais a sensibilidade da Consellería de Cultura.

NOVA AULA DE MUSICA RENOVADA NO SEU MOBILIARIO GRAZAS Á FUNDACIÓN COLEXIO A NOSA SEÑORA DE LA ANTIGUA

Estes días, preparando xa o novo curso para que en setembro estea todo preparado para recibir aos alumnos, terminouse de preparar a nova aula de música cuxo mobiliario foi doado pola Fundación Colexio Nª Sª da Antiga. A FCNDdlA colaborou durante o curso co colexio na mellora das súas instalacións e no apoio a alumnos con necesidades varias.

Unhas fotos ensínannos o ben que quedou esta aula que xa espera con impaciencia os seus novos alumnos.

JAG

MAIS DE 300 PEREGRINOS DA FAMILIA ESCOLAPIA

Estes días da semana pasada, máis de 300 mozos, alumnos e alumnas dos colexios de escolapios e escolapias iniciaron o seu “Camiño de Santiago” en Monforte de Lemos, nas instalacións do Real Colexio PP. Escolapios. Tratouse de dúas quendas diferentes, a primeira, durmiron no polideportivo a noite do 3 ao 4 de xullo, a segunda a noite do 6 ao 7.

Debidamente acompañados polos seus monitores estes trescentos alumnos iniciaron a súa experiencia de verán co obxectivo de facer da súa viaxe unha auténtica peregrinación, coñecer novos compañeiros doutros colexios e medirse a si mesmos nesta experiencia que nalgúns momentos pode resultar dura. A todos selóuselles a súa credencial co selo que para o efecto se ten no noso centro

Cunhas fotos ilustramos o devandito para que quede constancia da noticia

O CONDE DE LEMOS NO COLEXIO DA NOSA SEÑORA DA ANTIGA

No marco institucional dunha visita do Duque de Alba, promovida polo Concello de Monforte de Lemos, Don Carlos Fitz-James Stuart visitou Monforte. Don Carlos, á súa vez, ostenta o título de Conde de Lemos e por este título, é patrón da Fundación Colexio Nª Sª da Antiga, segundo os estatutos da mesma, desde 1593.

Don Carlos acompañado do alcalde de Monforte de Lemos, D. José Tomé Roca e membros da corporación municipal virou unha visita á zona monumental do Real Colexio dos PP. Escolapios acompañado polo P. Javier Agudo, Director-Xerente da Fundación, Dª Estefanía López, actual directora do colexio, Don Jorge Valcárcel, xerente do colexio, Pablo Blanco exdirector do colexio e outros membros do centro educativo.

Don Carlos asinou no Libro de Firmas do Colexio e o P. Javier Agudo, en recordo e cumprimento dunha das condicións fixadas polo Cardeal Rodrigo de Castro, entregou ao Sr. Conde de Lemos unha vela de cera, de polo menos tres libras e coas armas do Cardeal.

OS PORTONS DA IGEXIA NO SEU LUGAR

Tras case dous meses de mantemento, hoxe quedarán definitivamente instalados os dous portóns cos seus postigos, debidamente rehabilitados.

Trátase de dous portóns con estrutura de castiñeiro e casetones de nogueira adornados cunha serie de grandes cravos de bronce uns, e de ferro outros, que  fan da nosa porta algo absolutamente singular e magnífico,

Con esta entrada damos simplemente a coñecer outra das actuacións que grazas ao mecenado de particulares e empresas puidemos abordar.

Ademais da mellora estética, hai unha considerable mellora na estrutura da madeira, moi deteriorada pola súa idade, ademais de todos os sistemas de xiro, goznes e bisagras que habían ido cedendo de maneira que se facía moi difícil abrir e pechar a porta, cousa que pode facerse agora cun só dedo a pesar dos seus 600 quilos por folla.

A empresa Portón e Postigo S.L. confirma que o noso portón é o número 87 dos que mantivo, de igrexas, palacios, castelos etc.

NOVAS INFORMACIÓNS SOBRE JUAN DE BOLONIA

Nunha entrada desta WEB do 28 de XANEIRO DE 2021 titulada “ESTAUA ORANTE DO CARDEAL RODRIGO DE CASTRO” defendía que en España había soamente dúas obras de Juan de Bolonia, A Estatua Orante do Cardeal e o Felipe III da Praza Maior de Madrid. Tras unha pequena investigación hei de corrixir o escrito naquela entradilla do 2021 e compartir cos nosos amigos que hai polo menos 5 obras de Juan de Bolonia, diferentes entre si por ser tres de bronce una de mármore e outra de papel ao tratarse dun debuxo para o proxecto dunha fonte.

Por tanto, o catalogo das obras de Juan de Bolonia en España quedaría así:

1.- Estatua Orante do Cardeal Rodrigo de Castro. Iglesia do Real Colexio de Nª Sª do Antiga PP. Escolapios.

2.- Estatua ecuestre do Rey Felipe III. Praza Maior de Madrid.

3.- Cristo Crucificado. Museo catedralicio de Lugo e proveniente do Real Colexio de Nª Sª do Antiga PP. Escolapios

4.- Alegoría de Francisco I de Médicis. Placa de mármore. Museo do Prado, Madrid.

5.- Fonte de Hércules, debuxo preparatorio para lle realización da devandita fonte, en papel. Museo do Prado, Madrid

JAG 2024

Tú carrito