Procesión da Virxe Dolorosa,

Esta tarde, tras a celebración da Paixón e Morte do Señor que comezará ás 19:00 horas, na nosa igrexa do Colexio do Cardeal, terá lugar se o tempo permíteo, tal e como está programado, a procesión da Virxe Dolorosa, que percorrerá as rúas de Monforte.

Un magnífico elemento… semioculto.

D. Miguel Angel Feal, estudioso das trazas orixinais do noso edificio, tratando da cúpula, afirma: “Ao igual del Escorial e de tantas outras igrexas españolas do seu tempo, sexan xa de planta de cruz latina, rectangular, ou de longa nave basilical cubertas cunha cúpula no seu cruceiro ou parte correspondente, a igrexa da Compañía de Monforte, non ofrece ao que se aproxima á súa fachada unha visión completa deste importante elemento da súa arquitectura. A súa consecuencia é inherente á profundidade da súa única nave. A orixe do tipo monfortino é o italiano da Contrarreforma que tentou conciliar a igrexa dunha nave profunda e de salón coa cúpula empregada á maneira de cimborio nas igrexas medievais españolas e languedocianas. A espléndida cúpula de Monforte é característica destes modelos. No interior do templo cumpre a súa función perfectamente. No seu exterior non se pode contemplar en todo o seu esplendor, a non ser de moi lonxe, punto desde o que cobra as súas completas proporcións”.


De preto a cúpula queda sempre oculta polo propio edificio

De lonxe pode apreciarse cúpula en todo o seu esplendor
Vista aérea de la cúpula

Antigos alumnos ilustres: Juan de Ferreras

Juan de Ferreras

De orixes xudaicas, tivo por iso que estudar en numerosas universidades e vivir en diferentes cidades e nunca puido optar aos postos que correspondían á súa capacidade, para os que esixía un estatuto de limpeza de sangue. Cursou os seus estudos en La Bañeza e no colexio da Compañía de Jesús de Monforte de Lemos; estudou filosofía cos frades dominicos do mosteiro de Trianos de Villamol e teoloxía en Valladolid e Salamanca. En 1676 foi párroco de Talavera de la Reina, en 1681 de Albares e en 1685 de Camarma de Esteruelas; destinado á capital, en 1697 fíxose cargo da igrexa de San Pedro e en 1701 da de San Andrés. Foi confesor do cardeal Portocarrero, examinador sinodal do arcebispado de Madrid e calificador do consello da Inquisición; bispo electo de Monopoli e de Zamora, renunciou a ambas as dioceses, seguramente por mor das súas raíces xudaicas.

En 1713 foi un dos fundadores da Real Academia Española< sup>3sup> e en 1715 foi nomeado bibliotecario maior da recentemente inaugurada Biblioteca Real, en substitución do falecido Gabriel Álvarez de Toledo, emprego que desempeñou ata a súa morte; reuniu para formar o fondo da que sería futura Biblioteca Nacional gran número de incunables, raros e prohibidos, moitos deles conseguidos no estranxeiro burlando a man censora da Inquisición, da que el mesmo formaba parte.

Deixou escrita unha obra en 16 volumes, “Synopsis histórica chronologica de España” (1700-1727), na que relata a historia de España ata finais do século XVI; traduciuse ao francés completa enriquecida con notas históricas e críticas baixo o título de Histoire Générale d’ Espagne… (Paris: Gisset, G. Osmont, etc., 1742-1751, 10 vols.) por Vaquette d’ Hermilly e ao alemán (-Algemeine Historie von Spanienem-, Ache: Gebauer, 1754-1772, 13 vols.)

Blas Nasarre publicou un < em>Eloxio histórico de Don Juan de Ferrerasem, (Madrid: Imprenta da Real Academia Española, 1735).

San Francisco de Borja no seu lugar

Hoxe, tras a súa recente restauración, quedou instalado o cadro de San Francisco de Borja no seu lugar, no retablo dos Reis Meigos, na parte superior. Como lembraremos este cadro está datado en 1666 e é de autor anónimo. O seu estado de deterioración era moi grande como pode verse na nosa entrada do día 27 de marzo pasado onde publicabamos unha comparativa do antes e despois da restauración. A restauración foi levada acabo polo P. Javier Agudo, escolapio e na actualidade xerente da Fundación CNSdlA.

Que podamos gozar desta obra, que nos remite precisamente aos inicios da Fundación do Colexio do Cardeal e ao terceiro P. Xeneral da Compañía Francisco de Borja familiar por via materna do Cardeal Rodrigo de Castro.

Antigos alumnos ilustres: Vicente Vázquez Queipo de Llano .

Vicente Vázquez Queipo de Llano.

Naceu na localidade Samos o 17 de febreiro de 1804, no pazo de Lusío, no seo dunha familia acomodada. Comezou os estudos na súa propia casa e continuounos nos xesuítas de Monforte de Lemos. En 1820 ingresou na Universidade de Valladolid, estudando Dereito e ao mesmo tempo, Matemáticas e Ciencias Experimentais.

Obtivo os graos de bacharel en Leis e Filosofía e posteriormente a licenciatura e o doutoramento en Leis. Obtivo por oposición unha cátedra de Física Experimental e Química en 1826. Posteriormente viaxou a completar a súa formación matemática e física a París (1829), ingresando na Escola Central de Artes e Manufacturas de París onde foi nomeado auxiliar da cátedra de Física. Volveu no verán do 1832 e instalouse en Madrid, onde tiña familia (José María Queipo de Chairo e Ruiz de Saravia, VII conde de Toreno, era o seu tío). En 1833 foi destinado a Cuba como Fiscal de Facenda, onde permaneceu ata 1846, ano en que volveu a Madrid.

Deputado en Cortes, dedícase á política os vinte anos seguintes, no campo monárquico lealista, ocupando cargos como a Dirección xeral do Ministerio do Ultramar,3 ou Subsecretario da Gobernación. Abandonou a vida política cando Isabel II saíu de España, derrocada en 1868, dedicándose entón en exclusiva ao traballo e á produción intelectual publicando diversos traballos que comezara na súa anterior etapa.

Foi membro da Real Academia da Historia, Correspondente do Instituto de Francia, Presidente da comisión do Mapa Xeolóxico de España, Comisario Rexio do Observatorio Astronómico de Madrid4 e membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Morreu en Madrid o 11 de marzo de 1893

Dous terremotos mentres se construía o colexio do Cardeal

Na Voz de Galicia de 26/05/2017 dáse conta dun par de terremotos ocorridos en 1604, en plena construción do Colexio. O documento que dá fe dos devanditos sucesos é unha nota nun dos libros parroquiais da Regoa no que se asentaron bautismos, matrimonios e enterros entre 1580 e 1621. O texto da nota di: “«Ao postero de maio de mil e seiscentos quatro ás sete da mañá temblo o mundo, este mesmo ano o día entorjo (probablemente por antruejo ou entroido) tamén temblo o mundo e fuximos o primeiro que non do postero deus o proveia »

Co que o primeiro terremoto e principal sería entre o 7 e o 9 de marzo, probablemente o 7 e o segundo o 31 de maio-. Destes terremotos non se cita nada na nosa documentación.

Algúns datos sobre o colexio no século XVIII

No estudo que se fai de Monforte Por Rosa Mª Guntiñás, partindo dos datos do Catastro do Marqués da Enseada, feito a mediados do século XVIII atopamos numerosos datos que nos ponen en pista de como funcionaba entón noso Colexio. Así lemos:

“D. Rodrigo vai nomear, pois, herdeiro universal ao Colexio no seu testamento, feito pola súa propia man en 1598, pero colocándoo baixo o padroado dos condes de Lemos e sinalándolle aos relixiosos unha renda de 2.000 ducados anuais para o seu sustento, doándolles solar, horta, prata e reliquias e ratificando a creación nel dunha escola para a mocidade galega baixo a dirección da Compañía de Jesús polo que a Relación de 1741 especifica que, a maiores do Claustro principal, había “outro patio de escolas” que eran en total catro de Gramática, unha de Filosofía, dúas de Teoloxía escolástica e moral “con outra peza para nenos de ler e escribir”. “

Vemos así que os estudos que se impartían estaban máis preto de ser estudos universitarios que de educación primaria.

San Francisco de Borja no seu esplendor

A estas datas do mes de marzo, está pronto a rematarse a restauración do cadro de San francisco de Borja, oleo sobre lenzo, de autor anónimo, datado en 1666 e do que xa demos noticia nunha entrada con data do 27 de xaneiro desta mesma páxina. A pesar de non estar acabada dita restauración xa podemos percibir os cambios que a restauración obrou sobre este lenzo, esperemos dándolle outros 353 anos de vida máis.

Se queres colaborar cos gastos desta restauración DOA

San Francisco de Borja, oleo sobre lenzo 1666. Anónimo