VENDO OS RESULTADOS

Hai uns días o equipo de restauración do cadro de Nª Sª da Antiga, enviábanos unha imaxe do estado do cadro xa restaurado, pero a falta dos últimos retoques e da súa fixación no bastidor, etc.

Ofrecemos aquí a comparativa de dúas imaxes -antes e despois- para que poidamos valorar o traballo e o resultado obtido.

J.A.G.

ESPERANDO A Nª Sª DE LA ANTIGUA

A restauración do cadro de Nª Sª da Antiga comprendeu dúas restauracións diferentes. A primeira o magnífico marco do S.XVII e a segunda o lenzo de Nª Sº da Antiga.

O marco foi restaurado en Galicia polo equipo de restauración que traballa coa Fundación Colexio Nª Sª da Antiga e que grazas ao bo facer do equipo. Este marco xa está instalado no seu lugar desde principios deste verán, e esperando a chegada do lenzo que se está restaurando en Madrid.

Segundo o informe inicial as diferentes pezas que forman parte do marco, presentaban un estado de conservación aceptable, aínda que caben destacar as seguintes alteracións tanto a nivel de soporte como de estratos pictóricos.

  • Capa de acumulación de po e sucidade superficial por toda a superficie da obra.
  • Presenza de roturas na peza de remate superior. Esta presenta unha intervención posterior empregando un listón de madeira para reforzar a zona de unión.
  • Presenza de gretas de forma moi puntual.
  • Ataque de xilófagos de forma puntual. Estes causaron perda de soporte en zonas puntuais da peza inferior.
  • Perdas puntuais de policromía.
  • Presenza de cravos oxidados

De todas estas “patoloxías” o marco quedou perfectamente restaurado e está xa no seu sitio esperando o lenzo da nosa Señora da Antiga, do Século XVI, que en breve chegase perfectamente restaurado.

J.A.G.

Tú carrito