A PLACA DA SEGUNDA CONSAGRACIÓN

Existe xunto á porta da sancristía da nosa igrexa unha placa de mármore  datada no ano 1923, que fala da nova consagración da altar. A mesma placa dá a entender que esta re-consagración debeuse a dúas razóns: 1ª A deterioración debido ao paso do tempo e  2º a restitución á forma litúrxica.

Disto podemos deducir dúas realidades:

1ª A deterioración da altar; quizais deterioración que comezou co terremoto de Lisboa 1755.  Pero a esa causa, nada desprezable, habemos de sumar os trescentos anos que para entón 1923 acumulaba xa o altar. Deterioración que obrigou á colocación dunha nova pedra –laxa- en substitución da antiga.

2º Á falar a placa da “restitución á forma litúrxica”, está a indicarnos que polo que fóra, o anterior altar non respondía xa as esixencias das reformas litúrxicas que tras o concilio de Trento viñeran dándose na Igrexa. As máis próximas á data da consagración as reformas do Papa Pío X. Entendemos pois, que o altar quedara obsoleto.

J.A.G.

A placa da segunda consagración

RETRATO DO BISPO LAMADRID RESTAURADO

O pasado mércores quedou instalado no claustro alto do colexio, o retrato do bispo Lamadrid, restaurado e en perfecto estado. O retrato do bispo de Lugo, D. José dos Ríos e Lamadrid, é unha obra executada ao óleo sobre lenzo polo pintor Luciano Sánchez Sataren, inscrita dentro do retrato institucional de carácter eclesiástico do século XIX. A composición presenta ao prelado sentado nun interior sobrio. Viste sotana violeta con botonadura cardinalicia e solideo episcopal do mesma cor. Destaca o tratamento das calidades téxtiles e o contraste entre as zonas de penumbra e os puntos de luz que inciden no rostro e as mans. A figura preséntase lixeiramente desprazada do eixo central e adquire certa monumentalidade mediante o xogo de diagonais marcadas polo brazo apoiado e a disposición do corpo.

J.A.G.

Obra restaurada
Estado anterior á restauración

POR FIN A COPA DO SAN FRANCISCO INSTALADA

Esta semana pasada instalouse no retablo de San José a copia ao óleo do cadro de San Francisco e o irmán León, en substitución dunha copia fotográfica que no seu momento colocouse para cubrir o oco do orixinal cando pasou á pinacoteca deste Real Colexio.

O resultado é magnífico e convidamos a que cando teñan oportunidade poidan ver o retablo-altar de San José que quedou absolutamente magnífico.

J.A.G.

Altar de San José coa nova copia do Greco ao oleo instalada
Copia fotográfica do San Francisco que foi retirada.
Tú carrito