SUBSTITUCIÓN DAS REPRODUCIÓNS FOTOGRÁFICAS DO SAN LORENZO E DO SAN FRANCISCO DE ASÍS. 

Nos lugares onde estiveron os dous cadros do Greco colocáronse no seu momento, para ocupar os espazos baleiros, unhas reproducións fotográficas de pésima calidade. Unha vez restaurados xa todos os retablos esas copias pedían a berros ser substituídas por algo de mellor calidade. A copia ao óleo do San Lorenzo xa está colocada no seu lugar no retablo do Santo Cristo de Cioli e en breve substituirase a copia fotográfica do cadro de San Francisco de Asís co irmán León por unha copia ao óleo, no retablo de San José.

JAG

RESTAURACIÓN DO CADRO DO BISPO LAMADRID

Obra de considerables dimensións 204 x 123 cm, que é retrato de D. JOSE DOS RIOS E LAMADRID, bispo de Lugo, pintado por D. LUCIANO SANCHEZ SANTAREN. Este cadro está a ser restaurado actualmente pola empresa TAU Restauración.

D. JOSE DOS RIOS E LAMADRID foi nomeado bispo de Lugo o 25 de setembro de 1857 e morreu en Lugo o 8 de marzo de 1884. Ten a súa importancia pa os lucenses porque conseguiu do Papa Pío IX  a concesión de indulxencia plenaria para calquera día do ano, podendo obtela aqueles fieis que, confesando e comulgando, visitasen o Santísimo Sacramento exposto na catedral de Lugo. Así o comunicou aos seus fieis nunha carta pastoral datada o 5 de agosto de 1867

JAG

Estado do cadro do bispo LAMADRID, previo á restauración

FINALIZADAS AS OBRAS DA CÚPULA

Estes días están a quitar xa as estadas da intervención que realizou a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, por un monto de máis de 550.000 €. Intervención que era moi necesaria debido a que se filtraba a auga pola cúpula cada vez que chovía. Parece estar solucionado o problema, aínda que requirirá un mantemento periódico para evitar abrigo o nacemento de plantas, liques, etc. que poden ir danando aos poucos a cúpula.

Aínda queda por retirar da parte traseira as estadas correspondentes ao ascensor que se empregou para subir e baixar o material de restauración e os elementos das estadas da cúpula.
JAG

Cúpula desde o claustro monumental

Tú carrito