O 19 de maio de 2023 publicaba nesta páxina unha entrada titulada “PARA MOSTRA UN BOTÓN” na que daba conta dun agasallo recibido dun veciño de Monforte, de dous botóns dun uniforme, sen dúbida de alumnos do colexio.

Agora chéganos unha foto onde se ve a dous escolapios rodeado de alumnos nunha foto datada en 1888, co que xa podemos datar a existencia cun documento gráfico do devandito uniforme.

J.A.G.





