POSIBLE AUTORRETRATO DE FRANCISCO MOURE

Na última das conferencias que a Fundación Colexio Nª Sª da Antiga programou con motivo da celebración dos 400 anos do retablo maior, obra de Francisco de Moure, a Dra. Ana Diéguez apuntou unha intuición, que é de sumo interese, para os estudosos do noso retablo maior e da Figura de Moure.

A cuestión está no banco do retablo, onde se poden ver tallados en nogueira os catro evanxelistas e as catro virtudes teologales.

O evanxelista san Mateo normalmente vén acompañado por un anxo, a maioría das veces, ou pola figura dun home, de forma menos habitual. No caso do noso retablo atopamos a San Mateo acompañado por un home, situado detrás e en claro diálogo co evanxelista. Este home sen barba, con media melena, bigotes de punta volta, semellante ao estilo que hoxe denominamos imperial. Viste cunha camisola ampla de pas anchas e puntas redondeadas. O estilo de vestimenta e aderezo de melena e bigotes sitúannos #ante un home do S XVII.

A pregunta é: podemos estar #ante un autorretrato de Moure?. Entre os artistas da época non era estraño que se representasen a si mesmos nas súas obras. Por tanto, poderiamos responder que posiblemente así é. Haberá que estudar este detalle con máis detemento e soñar coa posibilidade de que D. Francisco de Moure regalásenos unha “fotografía súa do primeiro terzo do S. XVII.

Evanxelista San Mateo co posible autorretrato de Francisco de Moure

Tú carrito