Hoxe 27 de maio de 2025, será devolto ao seu lugar o Cristo de Moure, que restaurou a empresa THAU Restauración. Poñémosvos aquí abaixo unha imaxe do Cristo a través da cal podedes acceder a unha imaxe en tres dimensións do resultado final da restauración. A mágoa é que patrimonio non permitise a reconstrución das mans. Con todo THAU fixo un magnífico traballo que vai completando aos poucos a restauración integral que a fundación e os seus colaboradores están a impulsar desde hai uns anos. Para acceder á imaxe en •D picar co rato na foto de abaixo.
AVANZA A RESTAURACION DO CRISTO DE MOURE
Desde Tau Restauración envíannos algunhas fotos do progreso da restauración do Cristo da Sancristía ou de Moure. Tras o estudo previo, pasou xa polo proceso habitual de ensamblaxe das distintas pezas, limpeza, sentado da cor e estucado. Destas fases ofrecemos algunha foto nas que cabe destacar as da limpeza, nas que se aprecia perfectamente o oscurecimiento por sucidade e oxidación de vernices….









