NOVA AULA DE MUSICA RENOVADA NO SEU MOBILIARIO GRAZAS Á FUNDACIÓN COLEXIO A NOSA SEÑORA DE LA ANTIGUA

Estes días, preparando xa o novo curso para que en setembro estea todo preparado para recibir aos alumnos, terminouse de preparar a nova aula de música cuxo mobiliario foi doado pola Fundación Colexio Nª Sª da Antiga. A FCNDdlA colaborou durante o curso co colexio na mellora das súas instalacións e no apoio a alumnos con necesidades varias.

Unhas fotos ensínannos o ben que quedou esta aula que xa espera con impaciencia os seus novos alumnos.

JAG

MAIS DE 300 PEREGRINOS DA FAMILIA ESCOLAPIA

Estes días da semana pasada, máis de 300 mozos, alumnos e alumnas dos colexios de escolapios e escolapias iniciaron o seu “Camiño de Santiago” en Monforte de Lemos, nas instalacións do Real Colexio PP. Escolapios. Tratouse de dúas quendas diferentes, a primeira, durmiron no polideportivo a noite do 3 ao 4 de xullo, a segunda a noite do 6 ao 7.

Debidamente acompañados polos seus monitores estes trescentos alumnos iniciaron a súa experiencia de verán co obxectivo de facer da súa viaxe unha auténtica peregrinación, coñecer novos compañeiros doutros colexios e medirse a si mesmos nesta experiencia que nalgúns momentos pode resultar dura. A todos selóuselles a súa credencial co selo que para o efecto se ten no noso centro

Cunhas fotos ilustramos o devandito para que quede constancia da noticia

Tú carrito