PREPARANDO O CURSO 23-24

Estes días a FCNSdlA abordou a pintura da entrada por Primaria e a subida ás clases cosa que xa facía moita falta. Empregáronse as cores institucionais azul e laranxa para xerar un ambiente alegre e limpo.

A Fundación ten entre os seus labores apoiar ao Real Colexio PP. Escolapios nas súas necesidades. En breve informaremos das axudas tanto en material, como en bolsas e bolsas de comedor que achegou a fundación, así como as melloras materiais nas que contribuíu.

Con tres fotos ilustramos a intervención na escaleira de Primaria

150 ANOS DOS ESCOLAPIOS EN MONFORTE

Este ano o Real Colexio dos PP. Escolapios de Monforte celebra os 150 anos da presenza da Orde de San José de Calasanz en Monforte de Lemos. Están a prepararse algunhas actividades que baixo este evento queremos celebrar, e das que iremos dando cumprida conta.

Deseñouse un sinxelo logo que presidirá a porta do colexio durante este curso 2023-24 e xa desde hai tempo cun cadro pintado polo P. Javier Agudo, Director-Xerente da FCNSdlA anúnciase o aniversario xunto ás escaleiras monumentais do edificio.

COMEZA A RESTAURACIÓN DO CADRO DO CARDEAL RODRIGO DE CASTRO

Co financiamento do Concello de Monforte vaise abordar a restauración do cadro do Cardeal Rodrigo de Castro que estaba situado na Pinacoteca do Colexio sobre a porta de entrada.

A restauración conta con todas as autorizacións por parte de Dirección Xeral de Patrimonio segundo proxecto de restauración presentado pola empresa CREA que xa traballou na nosa igrexa restaurando algúns dos retablos laterais e o púlpito.

Cunhas fotos ilustramos a entrada que hoxe ofrecemos aos nosos amigos e lectores.

Tú carrito