Unha vez licitada a obra e a falta da firma pola empresa adxudicataria, dará comezo a restauración da capela das Reliquias. Pola súa complexidade a restauración durará un tempo estimado de seis meses, así que con sorte para xullo poderemos gozar deste novo espazo rehabilitado. Probablemente e dado o seu estado haberá que desmontar parte do retablo co obxecto de renovar as suxeicións e devolverlle a súa verticalidade e horizontalidade. Vai renovar da mesma forma o chan e verase de evitar as filtracións que ao parecer existen no muro da fachada. Iremos dando información sobre o desenvolvemento das devanditas obras.