DÁSE POR FINALIZADA A RESTAURACIÓN DAS CAPELAS LATERAIS DA IGREXA DA FCNSdlA

O pasado día 29 fíxose oficialmente a entrega da obra realizada nas seis capelas laterais da igrexa do Real Colexio dos Escolapios. Con este acto danse por finalizadas as intervencións nestas capelas, sendo o resultado un magnífico retornar ao seu antigo esplendor. As obras foron financiadas pola Consellería de Cultura e tuteladas pola Dirección Xeral de Patrimonio.

Queda agora esperar o comezo da restauración da capela das Reliquias que levará moito máis tempo pois probablemente hase de desmontar completamente o magnífico retablo barroco para despois volvelo a ensamblar con seguridade corrixindo os problemas que agora ten. A FCNSdlA ten previsto que comecen as obras da nova iluminación no mes de febreiro, tempo no que se abordará a reconstrución de parte do pavimento da sancristía afundido recentemente.

Achegamos aquí un código QR a través do que solicitamos doazóns de 20 € para facer fronte a estas obras non sufragadas pola Xunta e algunhas restauracións pendentes que son de moito interese para nós.

PRESENTACION DE “ESPERANDO O DILUVIO” DE DORES REDONDO

A Escritora Dores Redondo fixo a súa primeira presentación na Pinacoteca do Real Colexio dos PP: Escolapios o 21 de decembro nun acto exclusivo, antes da presentación oficial que tería lugar un par de horas despois no Pavillón Multiusos de Monforte.

A súa nova novela “Esperando o Diluvio” é a sétima novela de Dores Redondo, unha escritora nada en San Sebastián en 1969 que se converteu en superventas co enorme éxito da súa triloxía do Baztán, unha serie iniciada no 2013 co gardián invisible que mestura o xénero negro cos mitos e lendas vascas. Con Ofrenda á tormenta (2014) pechou esa triloxía e púxose a traballar na súa seguinte obra co reto de soster a popularidade que lle reportaban os tres títulos previos.

As viñas do Miño

En Todo isto dareiche, Dores Redondo substitúe as brumas das montañas do norte de Navarra pola das ladeiras que caen ao río Miño na Ribeira Sacra, pero non cambia o ton. A súa primeira novela tras as do Baztán é tamén un relato policíaco envolto en paisaxes misteriosas. A concesión do premio Planeta serviulle para manter a atención do público, e para superar unhas cifras de vendas que eran dificilmente mellorables. Pero tivo tamén un efecto inesperado para a Ribeira Sacra, que viviu con todo isto dareiche un impulso de popularidade sen precedentes para un territorio turístico que naquel momento trataba de asentarse como tal e que hoxe segue recibindo visitantes que buscan as paisaxes descritas nesa novela.

Na foto Dores redondo co Director-Xerente da FCNSdlA, equipo directivo e profesores do colexio
Tú carrito