O pasado luns o cadro da Greco “Aparición da Virxe a San Lorenzo” viaxou ata Zaragoza para tomar parte dunha magnifica exposición organizada polo Museo Goya, titulada “O Greco, os pasos dun xenio”. Mostra na que hai un bo número de cadros do citado autor e todos eles de moi alto nivel.
Esta exposición durará ata principios do mes de xuño en que retornará a Monforte a citada obra.