Estes días está a procederse a restaurar o retablo lateral esquerdo da igrexa que actualmente está dedicado á Virxe das Escolas Pías. O estado da estrutura está bastante mellor do que cabería esperar, non así as policromías e os dourados. Unha curiosidade das que sorprenden e fálanos da calidade do tallista, estriba na inclusión de pequenos animais nos ornamentos vexetais, por exemplo carafio, pajaritos, etc. Actualmente estanse consolidando as policromías antes de pasar a unha reintegración das partes deterioradas ou perdidas.
Ofrecemos un par de detalles dos animalitos incluídos nos ornamentos vexetais