RETOMAMOS O CULTO NA IGREXA O DOMINGO 5 DE DECEMBRO

Tras a colocación das pedras na bóveda do presbiterio e a retirada da gran estada que se levantou para o efecto estase procedendo a unha nova limpeza do retablo de Francisco Moure e á  desinsectación de todos os elementos de madeira da Igrexa. O próximo día 5 de decembro, II Domingo de Advento reiniciarase o culto na Igrexa de  Nª  Sª da Antiga. Con dúas misas de 11:00  h  e 12:00  h

Cunhas sinxelas fotos ilustramos os traballos que se están realizando nestes días, aínda que a obra no exterior continúa.

Tú carrito