REACTÍVANSE AS VISITAS Á NOSA WEB

Desde hai uns días vimos observando o incremento de visitas á nosa WEB, Podemos deducir que está a crecer o interese polo que pode ofrecer o Colexio do Cardeal ao turismo e de aí a consulta á nosa páxina WEB, da que ofrecemos as visitas habidas e os países de procedencia nestes días, quizais preparando algunha visita estival a Monforte e a súa magnífica oferta turística: paisaxística, enolóxica, gastronómica e cultural. Podemos ver que se afianza claramente o turismo interior.

SORPRENDENTES ESCRIBANOS

No Arquivo da Fundación, podemos atopar moita documentación dos séculos  XVI e seguintes. Entre eles hai un que chama a atención, trátase dun documento de venda dunha  viña datado no 22 de outubro 1576, que se vendeu por setenta  ducados.

O curioso desta escritura é o coidado da presentación que  escribano (notario) que deu fe dela. Debuxou unha letra E maiúscula,  capitular, a pluma e tinta e nela puxo o martirio de San Sebastián ou (S.  Bastiano) como o mesmo  escribano consignou na parte alta da letra E.

Sorprende a letra tamén que a pesar de estar xa en pleno renacemento garda moito da letra gótica empregada ata mediados do século anterior..

Ilustramos esta entrada da nosa páxina WEB cunha foto da  capitular e primeiras liñas do devandito documento e unha foto de dúas  ducados ou  doblón, da época.

Moneda de dos escudos o doblón de 1578. Felipe II
Moneda de medio escudo de plata. Felipe II

NOVA INCORPORACIÓN Á COLECCIÓN ARQUEOLOGICA DA FCNSdlA

Hai poucos días incorporouse á colección Arqueolóxica da Fundación unha peza sorprendente e culturalmente moi interesante que vos convidamos a coñecer, aínda que soamente sexa a través da información da ligazón desta entrada. O mundo romano cada vez vainos sendo máis coñecido e o seu encontro con algunha das culturas prerromanas xerou visións das cousas, do mundo, do home que hoxe nos poden sorprender. Convidámosvos acceder desde esta ligazón á información que a través dun código QR ofrecemos aos visitantes da nosa exposición.

Tú carrito