MONFORTE XA SUFRIU UNHA GRAN EPIDEMIA EN 1598

No libro que o  P. Esteban Martínez escribiu sobre o Colexio de  Nª  Sª da Antiga dá noticia dunha epidemia que afectou severamente as obras. Cóntanolo así:

“continuaron as obras, a principios de 1598, baixo a dirección de Juan de  Tolosa; pero, poucos meses despois, sufriron outra paralización, talvez debida á escaseza de operarios causada por unha terrible epidemia que, procedente de Francia, estendeuse por España rapidamente, revestindo unha maior gravidade en Santander e Galicia. Desta comunidade de xesuítas morreron seis, entre eles o Reitor,  P. Juan  Sa, e o seu sucesor, o  P. Juan dos  Cobos, “afeccionado e entendido en arquitectura, quen non se contentaba con animar aos traballadores, senón que el mesmo traballaba para que se puidese utilizar o Colexio canto antes. Outros marcharon, despois de resistir algún tempo, quedando, unicamente, durante dous ou tres meses, o  H° Valentín Rodríguez, custodiando a casa e demais bens, en compañía duns cans.”

Así atopamos noticias sobre esta epidemia da que se dixo.

«La ronda de pan y huevo», obra pintada hacia 1624 por Luis Tristán (1585-1624) – Museo de Santa Cruz-

“Partindo do Cantábrico, a peste arrasou Castela entre 1598 e 1602, sendo máis virulenta no norte e o oeste peninsular. Historiadores como  Bennassar e Pérez Moreda subliñaron a súa intensidade, cunha mortalidade media superior ao 60%, así como as súas nefastas consecuencias para o desenvolvemento económico e o equilibrio social das veciñanzas.” (ABC Toledo 03/05/2020)

“«A peste que azoutou Vigo en 1598 só deixou 22 das 800 casas existentes sen infectados» Jorge Lamas, Vigo/ A Voz 04/11/2020

Felipe Aira, historiador de Monforte publicou na Voz de Galicia un artigo respecto diso, titulado -Monforte, pechado a finais do século  XVI pola peste e unha «epidemia de catarro» do que tomamos parte dun documento municipal da época.

«En la villa de Monforte de lemos a catorce dias del mes de julio del nobenta y ocho años, el licenciado Ruy gomez corregidor desta villa dixo que por quanto las puertas de esta villa y los postillos de la cerca en las partes que estan caidas y la puerta de nuevo se hiço en la puente y otras que estan en Santo antonio estan mal hechas y todo tiene necesidad de repararse de nuevo y de cerrarse del todo algunos caminos para guardedela peste y que no entren en estadha villa y suarrabaldo persona ninguna de los pueblos inpcionados».

Esta epidemia foi culpable doutro parón nas obras de Colexio.

J.A.G.