ANÁLISE DA DEDICATORIA NA FACHADA DO COLEXIO DOS ESCOLAPIOS

No centro da fachada e sobre a porta da igrexa áchase a dedicatoria que pretende explicar a existencia e destino do Colexio de Nª Sª da Antiga. A inscrición reza así:

RODER,  CARD´ DECASTRO  AR
CHEP  HSPS  TEMPLUM  VIRGI
NIN MAR  COLEG  SOCIET.JES.  IN
M  USZUM  IVVET.  UT  DOTAVIT.

O  P. Esteban no seu magnífico libro sobre o colexio de Nº  Sª da Antiga fai a seguinte tradución:

O Cardeal D. Rodrigo de Castro; Arcebispo de Sevilla, doa á Compañía de Jesús para uso da mocidade amorno e colexio consagrados á Virxe María.

Esta tradución é algo libre e omite algún elemento e engade outros que na dedicatoria non aparecen. Así, o tratamento de “Don” ao Cardeal non parece xustificarse desde a propia inscrición, así como a “consagración” de templo e colexio á Virxe María. Tampouco queda aclarada a abreviatura “ M” do final da terceira liña. Enténdese ademais que polo reducido do espazo e a visibilidade que ha de ter o texto desde a altura da rúa omítanse algunhas partículas e abrevíense palabras, o que ao final acaba provocando a dificultade na interpretación do texto.

Sobre o “Don” é sen dúbida un engadido do P. Esteban xa que non aparece na inscrición nin é habitual antepoñelo ao nome dos cardeais. Igualmente, a idea da “consagración” do templo non parece estar xustificada no texto.

Sobre a “M” ao final da terceira liña, vemos que vai precedida da partícula IN, que traducida por “EN” ábrenos a dúas explicacións:

  1. Pode facer referencia a un lugar. Se isto é así, a “M” estaría a representar un lugar e non cabe outra explicación neste caso que facer referencia a “Monforte”.
  2. Outra explicación con máis posibilidades explicaría a intención da dedicatoria e teriamos que ver tras a “M” a palabra latina  Memoriam. IN MEMORIAM, isto estaríanos dicindo que a inscrición é unha invitación para lembrar ao Cardeal polo que fixo.

Por tanto, atrévome a suxerir unha nova tradución da devandita dedicatoria, que sen variar moito no esencial do indicado polo P. Esteban creo que se axusta máis á  literalidad desta fermosa inscrición en pedra. Sería así:

En latín:

R0DERICUS CARDINAL DE CASTRO, ARCHIEPISCOPUS  HISPALENSIS,  TEMPLUM  VIRGINI  MARIAE  COLEGIUM  SOCIETATIS  JESUS IN MEMORIAM  USUM  IUVENTUTEM  UT  DOTAVIT

A primeira opción máis probable e entendible

En memoria de Rodrigo, Cardeal de Castro, Arcebispo de Sevilla, que doou á Compañía de Jesús o Templo da Virxe María e o Colexio para uso da mocidade.

A segunda opción, menos probable, sería

Rodrigo, Cardeal de Castro, Arcebispo de Sevilla, que doou á Compañía de Jesús en Monforte o Templo da Virxe María e o Colexio para uso da mocidade.