VISITA DO  COSELLEIRO DE CULTURA

Con motivo da próxima intervención de Patrimonio da Xunta na bóveda do presbiterio da nosa Igrexa de  Nª  Sª da Antiga hoxe visitounos o Conselleiro de Cultura D. Román Rodríguez González, acompañado doutras autoridades da Xunta e do Concello de Monforte de Lemos así como do  P. Javier Agudo Xerente da Fundación, e de D. Pablo Blanco e D. Jorge Valcárcel Director e Xerente do Colexio, respectivamente.

Don Manuel Freire, arquitecto encargado do proxecto de restauración, explicou con detalle os puntos de intervención e as cautelas que han de terse para a feliz culminación da obra que comezarei en breve.

PUBLICADA NO DOGA A DECLARACIÓN BIC

Hoxe 12 de marzo de 2021, aparece publicado no DOGA o decreto que oficializa a declaración como ben de interese cultural do Colexio da Compañía de Monforte de Lemos, completando un proceso que comezou no 2016. Ese ano, a fundación Colexio A nosa Señora da Antiga presentou ao Goberno galego unha solicitude para que se incoase un expediente de declaración como BIC do edificio histórico.

Tú carrito