¿PORQUÉ O ESCUDO DO CARDEAL RODRIGO DE CASTRO LEVA CINCO BORLAS?

No Colexio dos PP.  Escolapios, podemos ver varios escudos do cardeal Rodrigo de castro. Algúns deles son diferentes, polo número de borlas na liña final da rede que aparecen no mesmo.

Isto débese a dúas razóns

1ª Cando labran un escudo o cardeal aínda non o era e entón poden aparecer tres ou catro borlas.

2º Que o canteiro non atopase espazo suficiente para tallar as cinco borlas na pedra e talla de forma que unha ou dúas queden ocultas tras o escudo, como é no caso dos escudos que ven no noso edificio

O número de borlas identifica a dignidade eclesiástica do escudo en cuestión dándonos noticia de se se trata dun sacerdote, ou un bispo ou un cardeal…. Consulta a seguinte ligazón e terás suficiente información para entender os escudos do noso colexio.

O 27 DE MARZO VOLVEN As VISITAS Á nosa ZONA MONUMENTAL

Durante a semana Santa de 2021 e mentres duren as restricións establecidas polo COVID-19 as visitas serán en grupos reducidos manténdose os horarios de visita desde o sábado 27 de marzo ao abril ao 5 de abril co seguinte horario.

Mañás dúas sesións…..: 11:00 e 12:45

Tardes dúas sesións…..: 17:15 e 18:30

Rógase asegurar e concertar a súa visita a través da oficina de Turismo de Monforte de Lemos: Tlfno: +34 982404715

VISITA DO  COSELLEIRO DE CULTURA

Con motivo da próxima intervención de Patrimonio da Xunta na bóveda do presbiterio da nosa Igrexa de  Nª  Sª da Antiga hoxe visitounos o Conselleiro de Cultura D. Román Rodríguez González, acompañado doutras autoridades da Xunta e do Concello de Monforte de Lemos así como do  P. Javier Agudo Xerente da Fundación, e de D. Pablo Blanco e D. Jorge Valcárcel Director e Xerente do Colexio, respectivamente.

Don Manuel Freire, arquitecto encargado do proxecto de restauración, explicou con detalle os puntos de intervención e as cautelas que han de terse para a feliz culminación da obra que comezarei en breve.

PUBLICADA NO DOGA A DECLARACIÓN BIC

Hoxe 12 de marzo de 2021, aparece publicado no DOGA o decreto que oficializa a declaración como ben de interese cultural do Colexio da Compañía de Monforte de Lemos, completando un proceso que comezou no 2016. Ese ano, a fundación Colexio A nosa Señora da Antiga presentou ao Goberno galego unha solicitude para que se incoase un expediente de declaración como BIC do edificio histórico.

Tú carrito