A PLACA DA SEGUNDA CONSAGRACIÓN

Existe xunto á porta da sancristía da nosa igrexa unha placa de mármore  datada no ano 1923, que fala da nova consagración da altar. A mesma placa dá a entender que esta re-consagración debeuse a dúas razóns: 1ª A deterioración debido ao paso do tempo e  2º a restitución á forma litúrxica.

Disto podemos deducir dúas realidades:

1ª A deterioración da altar; quizais deterioración que comezou co terremoto de Lisboa 1755.  Pero a esa causa, nada desprezable, habemos de sumar os trescentos anos que para entón 1923 acumulaba xa o altar. Deterioración que obrigou á colocación dunha nova pedra –laxa- en substitución da antiga.

2º Á falar a placa da “restitución á forma litúrxica”, está a indicarnos que polo que fóra, o anterior altar non respondía xa as esixencias das reformas litúrxicas que tras o concilio de Trento viñeran dándose na Igrexa. As máis próximas á data da consagración as reformas do Papa Pío X. Entendemos pois, que o altar quedara obsoleto.

J.A.G.

A placa da segunda consagración
Tú carrito