O pasado mércores quedou instalado no claustro alto do colexio, o retrato do bispo Lamadrid, restaurado e en perfecto estado. O retrato do bispo de Lugo, D. José dos Ríos e Lamadrid, é unha obra executada ao óleo sobre lenzo polo pintor Luciano Sánchez Sataren, inscrita dentro do retrato institucional de carácter eclesiástico do século XIX. A composición presenta ao prelado sentado nun interior sobrio. Viste sotana violeta con botonadura cardinalicia e solideo episcopal do mesma cor. Destaca o tratamento das calidades téxtiles e o contraste entre as zonas de penumbra e os puntos de luz que inciden no rostro e as mans. A figura preséntase lixeiramente desprazada do eixo central e adquire certa monumentalidade mediante o xogo de diagonais marcadas polo brazo apoiado e a disposición do corpo.
J.A.G.



