Obra de considerables dimensións 204 x 123 cm, que é retrato de D. JOSE DOS RIOS E LAMADRID, bispo de Lugo, pintado por D. LUCIANO SANCHEZ SANTAREN. Este cadro está a ser restaurado actualmente pola empresa TAU Restauración.
D. JOSE DOS RIOS E LAMADRID foi nomeado bispo de Lugo o 25 de setembro de 1857 e morreu en Lugo o 8 de marzo de 1884. Ten a súa importancia pa os lucenses porque conseguiu do Papa Pío IX a concesión de indulxencia plenaria para calquera día do ano, podendo obtela aqueles fieis que, confesando e comulgando, visitasen o Santísimo Sacramento exposto na catedral de Lugo. Así o comunicou aos seus fieis nunha carta pastoral datada o 5 de agosto de 1867
JAG


