A CUPÚLA DO REAL COLEXIO PP. ESCOLAPIOS UN ALUA MÁS.

O pasado mércores 12 de novembro, a cúpula de Nª Sª da Antiga converteuse por máis de dúas horas, e nalgúns momentos, baixo unha choiva irrespetuosa, nunha aula máis do centro, neste caso de nivel universitario. En efecto, 15 alumnos do MURA -#Máster Universitario en Rehabilitación Arquitectónica- da Escola T. S. Arquitectura, Universidade da Coruña, estiveron a aprender in situ sobre rehabilitación arquitectónica. Dirixidos polo seu profesor D. Manuel Freire, que é naquel momento o arquitecto encargado da rehabilitación, renovación e selaxe da cúpula.

O Prof. Arquitecto D. Manuel Freire cos alumnos do MURA -Máster Universitario en Rehabilitación-

Uns días antes tamén os profesores do colexio, puideron en pequenos grupos de 9 persoas acceder todo o máis alto da cúpula, ata a cruz, para oir da arquitecto da empresa responsable da rehabilitación as explicacións do proceso de restauración, consolidación e renovación de certos elementos para conseguir un traballo perfecto que dure moitos anos.

FOTO 1: O P. Javier Director-Xerente da Fundación Colexio Nª Sª e a Antiga xunto á cruz da cúpula.
FOTO 2: Grupo de profesores interesándose polos traballos de rehabilitación da cúpula do colexio-

P. Javier Director-Xerente da Fundación Colexio Nª Sª e a Antiga

Tú carrito