Estes días os cimentos da igrexa de Nª Sª da Antiga están a soportar unhas 27 toneladas engadidas ao peso da inmensa cúpula. Trátase dunhas impresionantes estadas para facilitar os traballos de impermeabilización da cúpula da igrexa, que desgraciadamente filtraba auga os días de moita choiva.
Os traballos calcúlase que durarán aínda uns catro ou cinco meses, calculando o fin das obras co fin de ano.
Agradecemos a profesionalidade do equipo que aborda este proxecto, arquitectos, restauradores, empresa construtora etc., así mesmo á Xunta de Galicia que financia dita actuación na cúpula da nosa Señora da Antiga.


